Saída do 3º Ciclo de E.P. a Marraxón.

Os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Educación Primaria, fixemos o pasado  21 de Marzo, unha marcha de sendeirismo ata o Coto do Rei (Marraxón), relacionada co Proxecto Voz Natura e coa celebración da chegada da Primavera.

Ler máis

Día Internacional da Muller Traballadora.

Outro ano máis o Concello de Fene dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, organizou o marathón de lectura na Biblioteca Municipal; e como non podía ser menos, o noso Colexio, tamén participou cunha ampla representación de nenos e nenas de diferentes idades e niveis educativos.          

Ler máis

Saída do 1º Ciclo de Educación Primaria.

Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria, realizarán este próximo venres, 9 de marzo, unha visita ao Parque Etnográfico da Capela, onde poderán coñecer e achegarse ao patrimonio cultural galego. A saída será ás 10:00h para chegar sobre ás 13:30 h.

Ler máis

Rematou o Entroido.

O Entroido 2012. Bueno, pois o Entroido deste ano xa rematou, foi unha xornada moi divertida e moi intensa. Ao longo da mañá, os nenos e nenas de todo o Colexio Jorge Juan, realizamos un montonazo de actividades. Primeiro fotos, a continuación desfile, logo merenda, baile e por último, despedímonos do noso Meco. Que ben o pasamos!

Ler máis

Chegou o Entroido.

Xa temos o noso Meco que nos tratará de tolear durante uns días. E o seus mandados son: O LUNS CUNHA GARABATA. O MARTES POÑEMOS A BATA. O MÉRCORES A GORRA.   É XOVES  UN MANDIL.

Ler máis

Día da Paz.

O luns, día 30 de Xaneiro, os nenos e nenas do “Colexio Jorge Juan” festexamos o “Día da Paz e Non Violencia” realizando unha serie de actividades relacionadas con este evento. Desde os nenos de Educación Infantil ata os máis maiores de Educación Primaria participamos nas actividades programdas para o día.

Ler máis

Festival de Nadal.

No Colexio Jorge Juan celebramos a chegada do Nadal coa preparación do Festival. Os nenos e nenas do Colexio, preparan as súas actuacións para amosarlle aos pais e nais a súa creatividade. Seguro, que un ano máis, disfrutamos coas súas actuacións; por iso, queremos invitar a todas as familias a que acudades a ver o Festival de Nadal deste ano. Celebraremos dous festivais: o Festival de Nadal de Educación Infantil, […]

Ler máis

Proxecto Voz Natura: Charla cos Axentes do SEPRONA.

O pasado venres, día 16 de decembro, estiveron no noso colexio os amigos do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza). Esta actividade realizouse dentro  das programadas no Proxecto “Voz Natura” que estamos a desenvolver no colexio. Como xa sabedes, durante este ano, este proxecto ten o obxectivo principal o de concienciar sobre a necesidade da protección dos nosos bosques. En Galicia temos unha importante masa […]

Ler máis

3º Ciclo de Primaria visita Santiago de Compostela.

Os rapaces e rapazas de 3º ciclo de Educación Primaria, realizaremos a primeira saída deste curso; visitaremos a cidade de Santiago de Compostela. O motivo desta visita será coñecer o Parlamento de Galicia e a Cidade da Cultura, onde poderemos ver a exposición titulada “Tipewriter“, adicada ás máquinas de escribir. Ademáis aproveitaremos para pasear e coñecer a parte histórica da cidade, disfrutando dun paseo polas […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad