Día Internacional da Muller Traballadora.

Outro ano máis o Concello de Fene dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, organizou o marathón de lectura na Biblioteca Municipal; e como non podía ser menos, o noso Colexio, tamén participou cunha ampla representación de nenos e nenas de diferentes idades e niveis educativos.

 

 

 

 

 

Nesta celebración participaron preto de medio centenar de nenos e nenas; con representación dos seguintes niveis educativos: Educación Infantil (5 anos) e todos os cursos de Educación Primaria.

Neste marathon, léronse diversos textos e con diversos autores e autoras, uns coñecidos e outros non tanto, pero nos fixeron desfrutar dunha mañá moi entretida. Coma todos os anos, non podemos máis que felicitar ao Concello por esta boa iniciativa, por achegar aos máis pequenos a lectura como un xeito de celebración.

Galería de imaxes.