Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 16. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Luisa Villalta, homenaxeada este ano. Decoramos o patio con alfombras florais, de sal e tamén coa realización […]
O Día Internacional da Muller celébrase cada 8 de marzo, sendo recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade. Hoxe, no pavillón do noso centro escolar, alumnado e profesorado formamos un circulos concentricos, bailando e cantando ao seu redor como símbolo de unión a esta reivindicación e ao noso compromiso cos valores da igualdade e os dereitos das mulleres. Nas aulas tamén se […]
Na web de Radio Fusión atoparedes o seguinte texto, explicando a entrevista que lle fixeron á directora do noso colexio en Radio Fene: O bosque animado Os colexios abren a súa pre inscrición do 1 ao 20 de marzo. Como preparación, a Jorge Juan de Perlío organiza xornadas de portas abertas para o venres 23 de febreiro e para o venres 8 de marzo. Os […]
A partir do 1 de marzo, abrirase o prazo de matriculación na Escolas Infantil Jorge Juan. Este período permanecerá aberto ata que se cubran todas as prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de inscrición.
Despois de celebrar e gozar das festas de Entroido, chegou o momento da súa despedida, arredor da actividade que simboliza o final do Entroido, a queima do Meco, organizamos moitas outras que puxeron fin, do xeito que se merece, a este tempo de diversión e troula. O Meco é unha parte integral das celebracións do Entroido. Representase habitualmente como un boneco grande e grotesco, relacionouse […]
O Entroido é unha das celebracións máis esperadas e alegres do ano, e hoxe, 9 de febreiro, o Colexio Jorge Juan non foi unha excepción. O alumnado e profesorado de todas as etapas, desde a Escola Infantil ata a Educación Secundaria, reunímonos para celebrar esta festa tan especial organizando un desfile de Entroido que encheu de cor e alegría as instalacións do noso centro. Cada […]
Ola famillia! Durante este mes de xaneiro aprendimos, experimentamos e manipulamos con un montón de cousiñas que teñen que ver sobre todo co frio e co inverno. Se queredes ver todo o que fixemos, e o ven que no lo pasamos na nosa escola os deixamos por aqui a ligazón. 😉 Esperamos que vos gusten 🙂 https://drive.google.com/drive/folders/1TOqVar076q7_GGj9cV43XvqRnYeKFZ9D?usp=drive_link
Celebración do Día da Paz no Colexio Jorge Juan de Perlío: Fomentando a Tolerancia e a Solidariedade Como cada 30 de xaneiro, o Colexio Jorge Juan encheu o seu patio de esperanza, solidariedade e compromiso coa celebración do Día da Paz. Neste día tan especial, unimos forzas para lembrar a orixe e o significado profundo desta xornada que nos convida a reflexionar sobre o valor […]