Podedes consultar a listaxe de libros para o curso 2026-27 nesta ligazón.
Coa chegada do verán e o bo tempo, as tan agardadas vacacións baten ás nosas portas. É o momento de botar a vista atrás e despedir un curso escolar intenso, cheo de aprendizaxes, esforzos compartidos, medre persoal e, sobre todo, moitos momentos de ledicia. Para celebrar o punto e final a estes meses de traballo, o noso alumnado gozou dunha chea de actividades, viaxes e […]
Hoxe, 15 de xuño, celebramos a gran final do concurso Teño Talento, unha das citas máis esperadas do calendario escolar do Colexio Jorge Juan de Perlío. O ximnasio converteuse nun auténtico escenario no que o noso alumnado de Primaria demostrou que o talento non ten idade nin límites. Durante as semanas previas, moitos alumnos e alumnas animáronse a participar nos castings, e os mellores pasaron […]
Podedes ver as datas dos exames finais de ESO por cursos na seguinte ligazón.
Un ano máis, o noso colexio vestiuse de festa para celebrar o Día das Letras Galegas, unha das datas máis importantes do noso calendario escolar. Esta celebración non é só unha homenaxe ao noso idioma, senón unha oportunidade para lembrar a todas aquelas persoas que, coa súa escritura e compromiso, mantiveron viva e forte a cultura de Galicia. Este ano, a homenaxeada é a escritora […]
Cada 23 de abril, o mundo detense un momento para render homenaxe á lectura. Na escola, ese xesto cobra especial sentido, porque ler non é só unha habilidade; é unha ferramenta de vida e de crecemento persoal. Este ano, a celebración tivo un momento verdadeiramente especial. O alumnado de terceiro da ESO, dentro da materia de Proxecto Competencial, preparou unha adaptación de Carapuchiña Vermella en […]
Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 11
A rapazada de 3º de ESO ven de facer unha viaxe na que visitaron Segovia, Toledo e o parque temático Puy du Fou. Alumnas e alumnos de 3º de ESO pasaron do 7 ao 10 deste abril de viaxe coñecendo as fermosas cidades de Segovia e Toledo onde realizaron sendas visitas guiadas para coñecer a súa historia e monumentos máis coñecidos. Visitaron tamén o famoso […]
Entre os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan de Perlío participou nunha nova edición das Xornadas de Atletismo Divertido, organizadas polo Concello de Fene. A actividade desenvolveuse no Polideportivo da Xunqueira, onde o día 25 acudiron os cursos de 1º, 2º e 3º, e o día 26 participou o alumnado de 4º, 5º e 6º. Durante […]