Escola Infantil Jorge Juan

Ademais da información que podedes atopar nesta páxina, no apartado “Novas da Escola Infantil” encontraredes todas as actividades que os nenos e nenas da escola infantil fan a diario.


Escola Infantil é unha entidade prestadora de servizos sociais e polo tanto baixo a tutela de da Consellería de Política Social e sostida con fondos de dita consellería e Fondos Feder, que é quen marca os requisitos básicos que debe ter, dende prezos, horarios, calendario, espazos e equipamentos. Ase mesmo, tamén conta con axudas de investimento procedentes da Deputación da Coruña.  Así mesmo, bonificarase a gratuidade da matrícula e as mensualidades dos segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar.


A nosa Escola Infantil de 1-3 anos ven funcionando dende o ano 1998. Consta de dúas aulas, unha de 1-2 anos e outra de 2-3 anos.

Consta de 4 educadoras perfectamente capacitadas e tituladas e un horario que vai ininterrumpidamente dende as 8:00 as 16:00 horas.  Ofrece un servizo de comedor contratado á empresa Catering Ferrolterra. A cal ofrece menús adaptados ás necesidades de cada neno/a atendendo a súa idade e intolerancias ou alerxias. 

As nosas instalacións  contan con dúas aulas (unha por grupo), así como dunha enorme sala de usos múltiples (máis de 80 m2); dous patios exteriores, un cuberto e común ao resto do Centro e outro descuberto e exclusivo para os nenos da escola infantil.

O curso escolar comeza o 1 de setembro e remata o 31 de agosto. O período de solicitudes de praza comeza a principios de marzo e en abril faise a confirmación da matrícula.  

Para calquera consulta ou dúbida non dudedes en solicitar á información necesaria acudindo á secretaría do centro ou ben facendo as consultas  no número 981 34 01 09  ou no correo electrónico:  cpr.jorge.juan@edu.xunta.es