Biblioteca
A NOSA BIBLIOTECA DO PLAMBE
A Biblioteca é un espazo de lecturas e centro de recursos da información, onde poder exercitar as competencias intelectuais e emocionais para convivir e construír cidadanía. Un espazo no que lemos, nos informamos e aprendemos.
Desta maneira, e grazas a integración no PLAMBE 2018, estamos a converter a nosa biblioteca nun espazo dinámico e multifuncional ao servizo da aprendizaxe e o desenvolvemento do alumnado, que nos permite a adquisición de competencias clave e a construción dunha sociedade lectora.
Coa axuda de Tortu, a nosa mascota, estamos a facer da nosa biblioteca un lugar de encontro, de compartir experiencias e exposicións, de lecturas compartidas, desenvolvemento da creatividade, centro de recursos de información e investigación, e un espazo no que medrar xuntos, no que podemos atopar:
- Realización de préstamo xestionado co programa Meiga.
- Diferentes espazos de lectura.
- Zona Lego: desenvolvemento da creatividade.
- Espazo de traballo e estudo.
- Exposicións, entrevistas e recitais.
- Centro de recursos de información e investigación: libros documentais, revistas e novas tecnoloxías (tablets e ordenadores).
- Renovación e actualización de libros e contos.
- Lecturas compartidas, contacontos e apadriñamento lector.
Ademais de todos estes recursos, no curso 2019- 2020 incorporamos á nosa biblioteca a Radio Escolar: “Conexión Tarrío”. Da que xa podedes desfrutar na canle de Ivoox asociada ao colexio, na que podedes escoitar algún programa realizado durante este curso.
HORARIO E ACCESO
Entrada pola porta do patio (agás caso de choiva)
- De Luns a Venres no tempo de recreo:
- Secundaria pode entrar ás 11:15h.
- Primaria pode entrar ás 11:55h.
Acceso libre nos recreos de Primaria e Secundaria de luns a venres, con mestre de garda. Na porta da biblioteca e nas aulas haberá un horario semanal para o uso dos diferentes espazos e recursos da biblioteca para os diferentes cursos.
- Luns, Martes e Mércores en horario de tarde:
- 16:00- 18:00 h.
Apertura as tardes de luns, martes e mércores de 16:00 a 18:00h con mestre de garda para acceso e uso libre dos recursos da nosa biblioteca. O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º cursos de Educación Primaria deberá ir acompañado por un adulto. A partir de 3º de Educación Primaria a asistencia poderá ser autónoma por parte do alumnado.
NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA
- Na entrada haberá unhas tarxetas para poder acceder a biblioteca nas súas diferentes zonas:
- Acceso a mesa de traballo (12 postos, 4 con tablets)
- Acceso a puff/ alfombra (dentro da biblio) (12 postos, 4 con tablets)
- Espazo de lectura e conversa (na ventá fora da biblio, 6 postos)
- Espazo Lego (6 postos)
- Antes de entrar na biblioteca hai que merendar: na clase ou no patio (prohibido nos corredores e escaleiras).
- Uso libre pero controlado de tablets e ordenadores. Non se pode descargar aplicacións. Cando remates, pechar ventas e pechar tapas.
- Recoller antes de irse. Deixar todo no seu lugar.
Biblioteca CPR Jorge Juan Perlío.