Podedes consultar a listaxe de libros para o curso 2026-27 nesta ligazón.
Coa chegada do verán e o bo tempo, as tan agardadas vacacións baten ás nosas portas. É o momento de botar a vista atrás e despedir un curso escolar intenso, cheo de aprendizaxes, esforzos compartidos, medre persoal e, sobre todo, moitos momentos de ledicia. Para celebrar o punto e final a estes meses de traballo, o noso alumnado gozou dunha chea de actividades, viaxes e […]
Un ano máis, o noso colexio vestiuse de festa para celebrar o Día das Letras Galegas, unha das datas máis importantes do noso calendario escolar. Esta celebración non é só unha homenaxe ao noso idioma, senón unha oportunidade para lembrar a todas aquelas persoas que, coa súa escritura e compromiso, mantiveron viva e forte a cultura de Galicia. Este ano, a homenaxeada é a escritora […]
Cada 23 de abril, o mundo detense un momento para render homenaxe á lectura. Na escola, ese xesto cobra especial sentido, porque ler non é só unha habilidade; é unha ferramenta de vida e de crecemento persoal. Este ano, a celebración tivo un momento verdadeiramente especial. O alumnado de terceiro da ESO, dentro da materia de Proxecto Competencial, preparou unha adaptación de Carapuchiña Vermella en […]
Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 11
Prazo de entrega de solicitudes: 1-20 de marzo (ata o 23 presencialmente no centro )Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o centro indicaralles aossolicitantes por medio de anuncio publicado (no taboleiro da entrada) se é precisopresentar documentación dos criterios alegados . Prazo para a presentación de documentación acreditativa dos criterios alegados(no suposto de haber máis solicitudes que prazas): do 24 de marzo ao 8 […]
Hoxe en Conexión Tarrío celebramos o programa especial 8M. Na seguinte ligazón podedes escoitar todo o audio Programa radio 8M
O pasado 19 de febreiro, o Colexio Jorge Juan de Perlío puxo fin ás celebracións do entroido cunha xornada chea de alegría e diversión. O alumnado chegou ao centro cos seus disfraces máis creativos, enchendo o colexio de cor e bo ambiente dende primeira hora. A mañá continuou cunha chocolatada e co agardado concurso de disfraces, no que non faltaron a imaxinación nin as risas. […]
O Entroido é, sen dúbida, unha das celebracións máis agardadas do curso, e este ano volveu encher o noso colexio de cor, creatividade e moita alegría. Durante toda a semana, o alumnado foi cumprindo con entusiasmo os tradicionais mandatos do Meco, preparando así o ambiente para a gran festa final. Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o noso desfile de disfraces. A chuvia obrigounos a facer […]