Celebramos o Día do Libro

Cada 23 de abril, o mundo detense un momento para render homenaxe á lectura. Na escola, ese xesto cobra especial sentido, porque ler non é só unha habilidade; é unha ferramenta de vida e de crecemento persoal.
Este ano, a celebración tivo un momento verdadeiramente especial. O alumnado de terceiro da ESO, dentro da materia de Proxecto Competencial, preparou unha adaptación de Carapuchiña Vermella en formato de teatro de monicreques, que representaron na biblioteca do centro para o alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria.
Os maiores tiveron e gozaron da satisfacción de crear e compartir, e os pequenos viviron a función co entusiasmo e a alegría que só eles saben transmitir. A biblioteca converteuse nun espazo de encontro, onde as historias de sempre seguiron facendo a súa maxia.
Así é como entendemos a educación: como un proxecto compartido, onde todos aprendemos de todos.
Video da representación para Primeiro e Segundo de Primaria
Video da representación para Educación Infantil



