Hoxe a ANPA colabora con nós instalándonos unha fabulosa pantalla de cine no salón de actos. Un agasallo froito da colaboración coa biblioteca do colexio. Moitas grazas.
Hoxe a ANPA colabora con nós instalándonos unha fabulosa pantalla de cine no salón de actos. Un agasallo froito da colaboración coa biblioteca do colexio. Moitas grazas.
Entre as actividades prevista na exposición: Gran Circo Jorge Juan, que está aberta no Museo do Humor de Fene, están programadas dúas proxeccións de cine. O mércores, 1 de marzo, ás 17:00: Dumbo Venres, 3 de marzo, ás 18:00: Madagascar 3
Hoxe comeza a exposición sobre o proxecto de centro deste ano: O Circo. Poderédela ver no Museo do Humor de Fene ata a maña do próximo sábado. Co mundo do circo como tema principal, atoparedes tanto os traballos e pezas elaboradas ao longo do curso, como xogos, curiosidades e actividades interactivas e mesmos algunha proxección. Esperamos que vos guste
Xa está dispoñible un novo número da revista do colexio. Naturalmente esta edición está adicada ao circo. Podedes descargar e ler o número 8 de Totunews nesta ligazón: “Totunews Circus”
Unha das actividades que máis están a gustar das organizadas pola biblioteca é o “Apadriñamento lector”. Orientada cara a promoción da lectura e a consolidación de hábitos lectores, o maiores lenlles aos máis pequenos, aconséllanlles e guíanos para gozar dos libros. Esta semana comezaron as primeiras sesión nas que o padriños coñeceron aos seu apadriñados e mantiveron as primeiras lecturas compartidas. Na seguinte galería de […]
Dentro das actividades que está a realizar a ANPA en colaboración coa biblioteca escolar, proximamente comezará o “Obradoiro de iniciación á radio”. Esta actividade, que vai dirixida a nais e pais ou outros familiares, desenvolveranse nos vindeiros días e terá como obxectivo coñecer o funcionamento básico da radio e poder, posteriormente, desenvolver un programa radiofónico utilizando a emisora escolar. Os obradoiros realizaranse os martes 18 […]
O proxecto de centro deste ano tivo como temática e título: “A Nosa Ria”. No seu desenvolvemento fóronse sumando enriquecedoras experiencias e tamén creando materiais e recursos que decidimos expoñer ao público. Para iso, e grazas a inestimable colaboración e apoio do Porto de Ferrol, contaremos cun espazo especialmente axeitado, o faro de Cabo Prior. A exposición, baixo o título “Ferrol, a nosa ría”, estará […]
Xa podemos ver on line un novo número da revista da nosa biblioteca: Tortu News nº 6 Dende diversas perspectivas contén unha visión conxunta arredor do tema: “A Nosa Ría”. Podedes acceder a todo o seu contido na seguinte ligazón: Tortu News nº 6: A Nosa Ría
O Día internacional do Libro celébrase todos os anos o 23 de abril. Celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura.
Neste ano 2021, no Colexio Jorge Juan, as distintas etapas educativas sumáronse a esta festa do libro.