Un peche de curso inesquecible: Despedimos o ano escolar 2025/2026!

Un peche de curso inesquecible: Despedimos o ano escolar 2025/2026!

Coa chegada do verán e o bo tempo, as tan agardadas vacacións baten ás nosas portas. É o momento de botar a vista atrás e despedir un curso escolar intenso, cheo de aprendizaxes, esforzos compartidos, medre persoal e, sobre todo, moitos momentos de ledicia.

Para celebrar o punto e final a estes meses de traballo, o noso alumnado gozou dunha chea de actividades, viaxes e celebracións especiais que sempre lembrarán. 

Grazas á nosa ANPA: Unha gran Festa de Fin de Curso

Como broche de ouro a este ano, celebramos a tradicional Festa de Fin de Curso, un evento que non tería sido posible sen a impecable organización e o entusiasmo da nosa ANPA.

Dende o equipo educativo e toda la comunidade escolar, queremos expresar o noso máis profundo orgullo e agradecemento polo traballo desinteresado, entregado e constante de todas as familias que forman a asociación. O tempo, esforzo e ilusión que dedican día a día a mellorar o noso colexio son o mellor reflexo de que, xuntos, formamos unha gran familia. Grazas por facer posible unha xornada tan máxica para os nenos e nenas!

Excursións de fin de curso: Aprendendo fóra das aulas

Unha das tradicións máis agardadas polo alumnado son as saídas de fin de curso, unha oportunidade perfecta para convivir, estreitar lazos e aprender dun xeito diferente. Este ano as propostas foron de todo menos aburridas:

  • Educación Infantil: Os máis pequenos do colexio viaxaron a pasada semana ata o parque Corax (Betanzos), onde puideron gozar do contacto coa natureza e descubrir o respecto polo mundo animal.
  • 1º e 2º de Primaria: Desfrutaron dunha xornada fantástica de xogos e aprendizaxe na contorna do Muíño de Pedroso, un entorno natural privilexiado.
  • 3º e 4º de Primaria: Viviron unha auténtica aventura zoolóxica en Marcelle Natureza e, ao día seguinte, completaron a experiencia cunha entretida ruta a pé ata o Parque do Pallaso, aproveitando ao máximo a convivencia ao aire libre.
  • 5º e 6º de Primaria: Os cursos maiores de Primaria puxeron rumbo ao sur para vivir uns días inesquecibles de campamento en Nigrán (do 16 ao 19 de xuño), cheos de actividades náuticas, praia e moita diversión compartida.
  • Educación Secundaria (ESO): O alumnado de Secundaria cambiou as aulas pola adrenalina e a auga nas trepidantes atraccións do Parque Acuático de Cerceda, unha xornada de risas e despedida inmellorable. E naturalmente, para os do último curso, os que rematan 4º da ESO, unha experiencia á altura do momento, á viaxe a Mallorca. 

Momentos de emoción: Entrega de orlas

O fin de curso é tamén un momento de transición e de recoñecer o camiño percorrido. Este ano vivimos dous actos de graduación cargados de emoción, nostalxia e moito orgullo:

  • Graduación de Infantil: Un emotivo acto de entrega de orlas para o alumnado que remata a súa etapa de Educación Infantil. Deixan atrás os seus primeiros anos de colexio para dar o salto, con moita ilusión, á Educación Primaria. Xa son maiores!
  • Graduación de ESO: A despedida máis madura e tamén a máis nostálxica. O alumnado que finaliza a Educación Secundaria Obrigatoria recibiu a súa orla nun acto que pon fin á súa traxectoria no noso centro. Marchan do colexio preparados para novos retos académicos e vitais. Esta será sempre a vosa casa; desexámosvos o mellor nesta nova etapa!

A dirección do centro e todo o profesorado deséxanlles a toda a comunidade educativa unhas moi felices e merecidas vacacións de verán. Descansade, gozade da familia e cargade as pilas.
Vémonos en setembro con novas enerxías!