Programa REFÓRZATE: reforzo educativo e ocio

Programa REFÓRZATE: reforzo educativo e ocio

O programa REFÓRZATE é unha iniciativa do Concello de Fene dirixida a nenos, nenas e adolescentes que cursan Educación Primaria e Secundaria.

O seu obxectivo principal é ofrecer apoio educativo e alternativas de ocio saudable, contribuíndo á prevención de condutas de risco e favorecendo o desenvolvemento persoal, social e educativo dos menores.