Colexio Jorge Juan en Riazor

As rapazas e rapaces de Sexto Curso de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan,   acudiron o Domingo 22 de Abril ao Estadio Municipal  de Riazor, para apoiar ao Deportivo na súa tentativa de ascenso a Primeira División.

Ler máis

O noso Cole co Atletismo Divertido.

Os nenos e nenas de educación primaria do Colexio Jorge Juan  participaron, o pasado 30 de Marzo, nas Xornadas de Atletismo divertido, organizadas polo Concello de Fene e que se desenvolveron, como novidade este ano, no Campo de fútbol municipal dos Pinares (Perlio).

Ler máis

Saída do 3º Ciclo de E.P. a Marraxón

Os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Educación Primaria, fixemos o pasado  21 de Marzo, unha marcha de sendeirismo ata o Coto do Rei (Marraxón), relacionada co Proxecto Voz Natura e coa celebración da chegada da Primavera.

Ler máis

Día Internacional da Muller Traballadora

Outro ano máis o Concello de Fene dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, organizou o marathón de lectura na Biblioteca Municipal; e como non podía ser menos, o noso Colexio, tamén participou cunha ampla representación de nenos e nenas de diferentes idades e niveis educativos.

Ler máis

Saída do 1º Ciclo de Educación Primaria

Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria, realizarán este próximo venres, 9 de marzo, unha visita ao Parque Etnográfico da Capela, onde poderán coñecer e achegarse ao patrimonio cultural galego. A saída será ás 10:00h para chegar sobre ás 13:30 h.

Ler máis

Rematou o Entroido

O Entroido 2012 Bueno, pois o Entroido deste ano xa rematou, foi unha xornada moi divertida e moi intensa. Ao longo da mañá, os nenos e nenas de todo o Colexio Jorge Juan, realizamos un montonazo de actividades. Primeiro fotos, a continuación desfile, logo merenda, baile e por último, despedímonos do noso Meco. Que ben o pasamos!

Ler máis

Chegou o Entroido.

Xa temos o noso Meco que nos tratará de tolear durante uns días. E o seus mandados son: O LUNS CUNHA GARABATA. O MARTES POÑEMOS A BATA. O MÉRCORES A GORRA.   É XOVES  UN MANDIL.

Ler máis

Día da Paz

O luns, día 30 de Xaneiro, os nenos e nenas do “Colexio Jorge Juan” festexamos o “Día da Paz e Non Violencia” realizando unha serie de actividades relacionadas con este evento. Desde os nenos de Educación Infantil ata os máis maiores de Educación Primaria participamos nas actividades programdas para o día.

Ler máis

Festival de Nadal

No Colexio Jorge Juan celebramos a chegada do Nadal coa preparación do Festival. Os nenos e nenas do Colexio, preparan as súas actuacións para amosarlle aos pais e nais a súa creatividade. Seguro, que un ano máis, disfrutamos coas súas actuacións; por iso, queremos invitar a todas as familias a que acudades a ver o Festival de Nadal deste ano. Celebraremos dous festivais: o Festival de Nadal de Educación Infantil, […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad