O noso Cole co Atletismo Divertido.
Os nenos e nenas de educación primaria do Colexio Jorge Juan participaron, o pasado 30 de Marzo, nas Xornadas de Atletismo divertido, organizadas polo Concello de Fene e que se desenvolveron, como novidade este ano, no Campo de fútbol municipal dos Pinares (Perlio).
As xornadas de atletismo divertido encadráronse dentro da programación de Deporte escolar do curso 2011 / 2012. A Xornada do Atletismo Divertido deste ano experimentou diversas modificacións con respecto a anos anteriores xa que, ademais do cambio no lugar de realización, realizáronse as probas nun circuito continuo de xeito que todo o alumnado participou simultáneamente nas diferentes actividades, para que todos os nenos e nenas poidan coñecer de forma práctica as diferentes modalidades do altletismo dun xeito divertido.
As probas que se realizaron foron :
– Salto lateral
– Lanzamento de peso (De 4º a 6º)
– Lanzamento de precisión (de 1º a 3º)
– Gymkana (resistencia)
– Lanzamento de xabelina
– Salto de lonxitude
– Carreiras de velocidade: 60 mts. (de 1º a 3º)
– 60 mts vallas (de 4º a 6º)
– Relevos: 4 x 80 mts.