Colexio Jorge Juan en Riazor.
As rapazas e rapaces de Sexto Curso de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan, acudiron o Domingo 22 de Abril ao Estadio Municipal de Riazor, para apoiar ao Deportivo na súa tentativa de ascenso a Primeira División.
Invitados polo Real Clube Deportivo da Coruña poideron disfrutar do partido de liga de segunda división, enfrontándose ao Elxe. Foi un partido moi entretido e moi disputado, onde poideron desfrutar dunha morea de goles. Finalmente o Depor acadou a victoria, impoñéndose por 4 goles a 3.
Esta victoria achega máis de preto a volta á primeira división, aínda que todavía queda moito por disputar. Esperamos voltar cando o Depor xa se atope na Primeira División. Ánimo e Forza Depor!!!!!.