Visita á Festa de Voz Natura

Un grupo de rapaces e rapazas de 6º Curso de Educación Primaria acudimos o pasado sábado, día 2 de Xuño, a Festa e Entrega de Premios do Concurso Voz Natura, organizado polo xornal La Voz de Galicia. Botamos alí, case que todo o día, e poidemos disfrutar dun montón de actividades organizadas: talleres, xogos, exposicións,…

Ler máis

Visita do 1º Ciclo E.P. a “Galicia, conservando a Natureza”

Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria, visitaron o pasado venres, día 25 de maio, a exposición “Galicia conservando a Natureza”, ubicada no salón de plenos da Casa do Concello de Fene.

Ler máis

Visita ao Muíño de Pedroso

Os alumnos e alumnas do 2º Ciclo de Educación Primaria, acudimos o pasado venres, 25 de maio, a coñecer e visitar  o Muíño de Pedroso, onde poidemos disfrutar dunha magnífica xornada e realizar unha morea de actividades.

Ler máis

Celebración Festa Voz Natura.

O vindeiro día sábado, 2 de xuño, celébrarase como todos os anos, a festa de fin de curso do Proxecto Voz Natura patrocinado polo xornal “La Voz de Galicia”. Nós,  coma centro participante nesta edición 2011- 2012 e vós coma pais e nais dos alumnos participantes, estamos invitados a  esta actividade e a tódolos actos que se celebrarán durante ese día. Deixámosvos unha serie de […]

Ler máis

Celebración Día das Letras Galegas

Outro ano máis, celebramos o Día das Letras Galegas, e este ano, coma sempre, organizamos unha serie de actividades para festexar esta data tan significativa para Galicia.

Ler máis

Exposición Instrumentos Tradicionais e Libro Antigo

O Colexio organiza esta semana adicada ás Letras Galegas dúas exposicións: instrumentos tradicionais e libros antigos. O lugar de expsosición é o Salón de Actos. Na exposición adicada aos instrumentos tradicionais galegos, titulada “O Son de Galicia”, poderemos observar unha mostra destes, dende a gaita ata outros instrumentos de percusión.

Ler máis

Excursión Fin de Curso 4º ESO

Os rapaces e rapazas de 4º Curso de Educación Secundaria do noso Colexio, realizarán esta semana de maio (7-12 ) a excursión de fin de curso, con destino ao Pirineo Catalán e a Costa Dourada. Esta excursión, supón o remate dos estudios dentro do noso colexio, despois dunha estadia no Centro desde moi pequenos. Esperemos que desfruten moito, e sirva como despedida e un bo recordo de […]

Ler máis

Concurso Fotográfico sobre os Bosques

Os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, participaron no concurso de fotografía “¿Qué es para ti un bosque?”, onde presentaron a concurso diversas fotografías coa temática relacionada co Proxecto Voz Natura (Os Bosques), no que participa o Colexio este ano. Esta actividade foi desenvolvida dende a asignatura de Lingua Castelá. As fotografías pódense ver expostas nas escaleiras do centro entre o primeiro […]

Ler máis

Celebramos O Día do Libro.

Os alumnos/as do 2º Ciclo de EP celebramos o luns o Día do Libro e nada millor que inicialo coa obra máis importante do noso país: “Las Aventuras del Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha”. Para isto, realizamos unha serie de actividades sobre a orixe do día internacional do libro e a figura de Don Miguel de Cervantes Saavedra.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad