Celebración Día das Letras Galegas.

Outro ano máis, celebramos o Día das Letras Galegas, e este ano, coma sempre, organizamos unha serie de actividades para festexar esta data tan significativa para Galicia.

Nesta ocasión disfrutamos todos os nenos e nenas do colexio, comezando por os nenos da Gardería ata rematar nos máis maiores de Educación Secundaria. Ao longo da mañá, realizáronse distintas actividades nas que participaron todos os rapaces e rapazas.

Comezamos a mañá; cos nenos e nenas de Primaria,visitando a exposición de Libro Antigo e Instrumentos Tradicionais, para continuar co concurso de Lectura no que participaban os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Educación Primaria.

Os alumnos do 2º ciclo de EP escribiron refráns, adiviñas, receitas  e poemas e cantares para festexar tamén o Día das Letras Galegas. Foi moi divertido, repetiremos a experiencia.

Despois os máis pequechos do cole realizaron as tradicionais alfombras florais.

Mentres que os rapaces e rapazas de Secundaria organizaban o mercado para recaudar fondos para a excursión de fin de curso. Montaron diversos postos: de comida, plantas, xoguetes, libros e ata un salón de beleza.

Para rematar o día os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º ciclo de Educación Primaria poideron desfrutar dun concerto didáctico, onde colaboraron con nós a Escola de Música BellónMacerias. Agradecer dende aquí a súa colaboración, así como, a participación das súas alumnas.

E como colofón a apertura da expsoición de instrumentos e libros a tódolos pais e nais interesados.