Celebración Festa Voz Natura.

O vindeiro día sábado, 2 de xuño, celébrarase como todos os anos, a festa de fin de curso do Proxecto Voz Natura patrocinado polo xornal “La Voz de Galicia”. Nós,  coma centro participante nesta edición 2011- 2012 e vós coma pais e nais dos alumnos participantes, estamos invitados a  esta actividade e a tódolos actos que se celebrarán durante ese día. Deixámosvos unha serie de datos que vos resultarán de utilidade se decidides acudir.

Lugar: Parque deportivo de Acea de Ama, O Burgo, Culleredo (A Coruña).
Coordenadas: 43º 18´ 49.46″ N/ 8º 22´ 32.79″ O
Horario: de 11.00 a.m a 19.30 p.m
Saída do colexio: 10 a.m (autobús so para alumnos de 6º de primaria)
Participantes: Familias e alumnos do colexio (deberedes levar a comida aínda que alí haberá lugares onde poder comer)
Para máis información contactar con Emilio Vilariño Picos no teléfono do colexio:981340109