Exposición Instrumentos Tradicionais e Libro Antigo.

O Colexio organiza esta semana adicada ás Letras Galegas dúas exposicións: instrumentos tradicionais e libros antigos. O lugar de expsosición é o Salón de Actos. Na exposición adicada aos instrumentos tradicionais galegos, titulada “O Son de Galicia”, poderemos observar unha mostra destes, dende a gaita ata outros instrumentos de percusión.

A outra exposición está adicada ao libro antigo, onde se expoñen obras en distintos idiomas que son auténticas reliquias, libros das primeiras décadas do século XX e incluso algúns mapas antigos. Esta exposición fará aos máis maiores dar  unha volta ao pasado e recordar outros tempos.

Ao longo desta semana a exposición será visitada polos alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria; quedando aberta ao público o mércores ao longo da celebración do Día das Letras Galegas.