Concurso Fotográfico sobre os Bosques.

Os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, participaron no concurso de fotografía “¿Qué es para ti un bosque?”, onde presentaron a concurso diversas fotografías coa temática relacionada co Proxecto Voz Natura (Os Bosques), no que participa o Colexio este ano. Esta actividade foi desenvolvida dende a asignatura de Lingua Castelá. As fotografías pódense ver expostas nas escaleiras do centro entre o primeiro e terceiro andar. Proximamente teremos gañador deste premio. Felicitar a todos polas bonitas fotos que presentáchedes.