Saída do 3º Ciclo de E.P. a Marraxón.
Os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Educación Primaria, fixemos o pasado 21 de Marzo, unha marcha de sendeirismo ata o Coto do Rei (Marraxón), relacionada co Proxecto Voz Natura e coa celebración da chegada da Primavera.
Nesta saída poidemos observar os cambios que se producen co paso das estacións, así como observar as fermosas vistas da Ría de Ferrol. Ademais de disfrutar dun marabilloso día ao aire libre.