Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 11
Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 11
Entre os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan de Perlío participou nunha nova edición das Xornadas de Atletismo Divertido, organizadas polo Concello de Fene. A actividade desenvolveuse no Polideportivo da Xunqueira, onde o día 25 acudiron os cursos de 1º, 2º e 3º, e o día 26 participou o alumnado de 4º, 5º e 6º. Durante […]
Este pasado venres celebramos no centro o 8M 2026, unha iniciativa educativa orientada a promover a igualdade de xénero e a visibilizar o papel das mulleres na sociedade. Ao longo da xornada desenvolvéronse diferentes actividades adaptadas a todos os niveis educativos: desde contacontos para o alumnado máis pequeno ata propostas creativas como a elaboración de caligramas ou a realización de programas de radio. Durante estas […]
Hoxe en Conexión Tarrío celebramos o programa especial 8M. Na seguinte ligazón podedes escoitar todo o audio Programa radio 8M
O alumnado de cuarto de Educación Secundaria do noso colexio acudirá ás VII Xornadas de Orientación da comarca de Ferrol, que se celebrarán o vindeiro 25 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol. Alí coñecerán de primeira man a oferta educativa máis próxima para continuar os seus estudos. Nestas ligazóns podedes consultar os detalles do evento: Doutra banda, tamén pode ser […]
O pasado 19 de febreiro, o Colexio Jorge Juan de Perlío puxo fin ás celebracións do entroido cunha xornada chea de alegría e diversión. O alumnado chegou ao centro cos seus disfraces máis creativos, enchendo o colexio de cor e bo ambiente dende primeira hora. A mañá continuou cunha chocolatada e co agardado concurso de disfraces, no que non faltaron a imaxinación nin as risas. […]
O Entroido é, sen dúbida, unha das celebracións máis agardadas do curso, e este ano volveu encher o noso colexio de cor, creatividade e moita alegría. Durante toda a semana, o alumnado foi cumprindo con entusiasmo os tradicionais mandatos do Meco, preparando así o ambiente para a gran festa final. Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o noso desfile de disfraces. A chuvia obrigounos a facer […]
O Colexio plurilingüe Jorge Juan de Perlío deu a coñecer esta semana as súas xornadas de portas abertas nunha entrevista no programa A Fenestra. A directora, Ascen Bravo, e a mestra de Educación Infantil, Cristina Rodríguez, explicaron na radio o funcionamento do centro e convidaron ás familias interesadas a achegarse para coñecer de primeira man a súa oferta educativa. Durante a conversa destacaron que estas […]