Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 19. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano. Decoramos o patio con alfombras florais que simbolizan o noso […]
O alumnado de primaria tivo unha semana moi deportiva. Puidemos participar una ano máis nas xornadas de Atletismo Divertido que organiza o Concello de Fene. As diferentes probas tentan ensinar algunhas das modalidades dos atletismo, pero dun xeitos lúdico, restando peso ao aspecto competitivo e resaltando a parte divertida. Acudimos xunto aos outros colexios do concello en diferentes días. Aquí deixamos as fotografías de cada […]
As alumnas e alumnos de 3º Ciclo de Educación Primaria, nos achegamos onte á cidade de Lugo, onde poidemos visitar os distintos museos romanos da cidade ( Centro de Interpreteción da Muralla, Domus do Mitreo e Casa dos Mosaicos), ademáis de ver a catedral de Lugo e pasear sobre a Muralla de Lugo e o seu centro histórico. Disfrutamos moito da visita e aprendimos un […]
Os cursos de primeiro e segundo de primaria participaron nunha experiencia para coñecer o Porto da Coruña e o funcionamento da súa lonxa. Consistiu nunha visita guiada na que puidemos ver os peiraos, guindastres, barcos e mercadorías, así como facernos unha idea do dinamismo que teñen os lugares como este. Adicámoslle unha boa parte do tempo á lonxa, vimos o grandes que son as súas […]
Hoxe, no noso colexio tivemos o honor de recibir á coñecida autora de libros infantís e xuvenís Mónica Rodríguez. A escritora achegouse ao noso alumnado a través de anécdotas da súa vida que teñen que ver cos libros que escribiu. Os alumnos e alumnas de 6º de EP exerceron de xornalistas realizando preguntas sobre as súas obras literarias (“La última función” e “Alma y la […]
A Anpa continua con novas achegas para o cole. Nesta ocasión a intención e facer gozar ao noso alumnado con: mini canasta de baloncesto, churros, redes de canasta, plumas de bádminton. E a xogar!!!
Hoxe a ANPA colabora con nós instalándonos unha fabulosa pantalla de cine no salón de actos. Un agasallo froito da colaboración coa biblioteca do colexio. Moitas grazas.
Entre as actividades prevista na exposición: Gran Circo Jorge Juan, que está aberta no Museo do Humor de Fene, están programadas dúas proxeccións de cine. O mércores, 1 de marzo, ás 17:00: Dumbo Venres, 3 de marzo, ás 18:00: Madagascar 3