Gozamos da compañía e o talento das mestras da Academia May Dance Studio (Fene). Os nenos e nenas de EP están agradecidos e desexan que volvan pronto Galería de imaxes
Gozamos da compañía e o talento das mestras da Academia May Dance Studio (Fene). Os nenos e nenas de EP están agradecidos e desexan que volvan pronto Galería de imaxes
O pasado 20 de outubro, a comunidade escolar reuniuse para celebrar un magosto, unha festividade profundamente arraigada na tradición galega, na que participaron todas as etapas educativas, desde a Escola Infantil ata a Secundaria, nun ambiente festivo e alegre. O magosto é unha festa popular que celebra a colleita das castañas, un símbolo da nosa rica tradición galega. O magosto que celebramos na Jorge Juan […]
No marco do noso proxecto de centro deste ano, “O Bosque Animado”, e en colaboración co proxecto medioambiental “Voz Natura”, celebramos hoxe unha charla sobre “As especies Invasoras”. Esta iniciativa tivo como obxectivo concienciar ao noso estudantado sobre a importancia de preservar os ecosistemas autóctonos e como a chegada de especies invasoras pon en perigo a nosa fauna e flora locais. O alumnado de Educación […]
Premede na seguinte ligazón para ver os materiais impresos para o vindeiro curso 2023/2024.
Este mércores, 21 de xuño, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria tivemos a excursión de fin de curso. O lugar elixido foi a Granxa O Souto en Ortigueira. Un acerto tendo en conta o que gozamos con todos os animais que alí había. Cabras, ovellas, cordeiros, burros, bacas, galiñas, coellos… e ata poidemos montar a cabalo. Deixámosvos como sempre as galerías de imaxes […]
Nestes útimos días e en colaboración coa escola de tenis “Justo al revés”, poidemos ofrecer ao alumnado de primaria unhas xornadas de iniciación ao tenis. Todo un éxito que poderedes sentir se visitades a galería de imaxes. Galería de imaxes
Todo o alumnado de primaria está a participar nunha emocionante actividade de salto en camas elásticas. Por quendas dende que comezou, o venres pasado ata o seu remate o próximo luns, poderá gozar delas todo o alumnado de primaria. Queremos amosar publicamente o noso agradecemento á empresa “UPA un paso adelante” por facilitar a realización desta actividade. Deixámosvos esta galería de imaxes
O luns pasado, alumnado de primeiro e segundo de primaria tivemos a sorte de gozar dunha sesión emocionante de contacontos no salón de actos. Contounos unha historia fascinante na que nos implicou a todos e na que nos sorprendeu cos seus debuxos, creando ilustracións en tempo real. Foi unha experiencia que despertou a nosa imaxinación e nos transportou a un mundo cheo de aventuras e […]
A semana pasada os nenos e nenas de 3º ciclo de Educación Primaria nos achegamos ata o Museo do Humor de Fene para visitar a Exposición “Meigas sabias e mulleres boas” de Carme Romero; onde a autora nos acompañou e explicou as súas fermosas obras de arte. Animádevos a visitala. Galería de Imaxes.