Visita da escritora Mónica Rodríguez
![Visita da escritora Mónica Rodríguez](https://www.colexiojorgejuanperlio.com/wp-content/uploads/2023/03/WhatsApp-Image-2023-03-29-at-17.51.44.jpeg)
Hoxe, no noso colexio tivemos o honor de recibir á coñecida autora de libros infantís e xuvenís Mónica Rodríguez. A escritora achegouse ao noso alumnado a través de anécdotas da súa vida que teñen que ver cos libros que escribiu. Os alumnos e alumnas de 6º de EP exerceron de xornalistas realizando preguntas sobre as súas obras literarias (“La última función” e “Alma y la isla”) a modo de entrevista. Finalmente, houbo unha sesión de firmas.