O Día das Letras Galegas: Celebramos a nosa lingua

O Día das Letras Galegas: Celebramos a nosa lingua

Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 19. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano.

Decoramos o patio con alfombras florais que simbolizan o noso amor pola lingua galega. Tamén gozamos de actuacións musicais, bailes e un emocionante espectáculo de malabarismo. Alén diso, organizamos unha nova edición do concurso “Teño talento”, onde o alumnado amosou as súas sorprendentes habilidades artísticas.

O Día das Letras Galegas no noso colexio é un momento de celebración, orgullo e promoción da nosa lingua e cultura.

Salvo algúns axustes de horario, este foi o programa de actuacións Letras Galegas 2023:

  • 10:00h Elaboración de alfombras florais (Educación Infantil) e de sal (primeiro e segundo de Primaria)
  • 10:00h Teño Talento (de terceiro a quinto de primaria)
  • 11:30h Muiñeira de Chantada
    Lingua guapa
  • 11:45h Actuación Xulio Varela e alumnado da ESO
  • 12:15h Malabarista
  • 12:45h Actuación Paso a Paso

Deixámosvos estas galerías de imaxes cos mellores momentos da xornada

Galería de imaxes alfombras florais

Galería de imaxes alfobras Escola Infantila

Galería de imaxes “Teño Talento”

Galería de imaxes muiñeira de Chantada / Lingua guapa / Malabarista

Galería de imaxes da actuación Xulio Varela e alumnado da ESO

Galería de imaxes da actuación Paso a Paso