Visita ao Porto da Coruña

Visita ao Porto da Coruña

Os cursos de primeiro e segundo de primaria participaron nunha experiencia para coñecer o Porto da Coruña e o funcionamento da súa lonxa.

Consistiu nunha visita guiada na que puidemos ver os peiraos, guindastres, barcos e mercadorías, así como facernos unha idea do dinamismo que teñen os lugares como este.

Adicámoslle unha boa parte do tempo á lonxa, vimos o grandes que son as súas instalación, e tamén tivemos ocasión de ver moi de cerca o produto que alí se vende, o peixe. E explicáronos con detalle algúns aspectos do seu funcionamento, como chegan os barcos, como se merca o peixe mediante poxa holandesa. Como veredes nas fotografías chamounos especialmente a atención a importancia do xeo para conservar fresco o peixe.

Galería de imaxes