Semana de Cine

Semana de Cine

A Semana do Cine que celebramos esta semana, e na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria, rematou cunha proxección conxunta para todas a etapas educativas e ás súas familias. Queda aquí a galería de imaxes Tamén contamos coa exposición de ilustracións sobre o circo que comezou como celebración do Día da Ilustración. Tedes máis información sobre isto e fotografías no blog da […]

Ler máis

Mandatos do Meco

Mandatos do Meco

Achéganse os días de Entroido e con el chegan tamén os mandatos do Meco. Hoxe podedes ler o primeiro mandato para saber o que toca traer o vindeiro luns.

Ler máis

Actividade de natación

O alumnado do terceiro ciclo de Primaria comeza a actividade de Natación Escolar en colaboración co Concello de Fene.

Ler máis

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

A semana pasada celebramos no colexio o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Entre outras actividades, o alumnado de primeiro e segundo de primaria elaborou unha caravana de circo que contiña e representaba cada un dos dereitos da infancia. As fotografías podedes velas na seguinte ligazón: Galería de imaxes

Ler máis

Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, o noso colexio únese ao minuto de silencio como lembranza e homenaxe a todas as vítimas de violencia de xénero e mostra de repulsa ante un  problema estrutural,  que nos involucra a toda a sociedade

Ler máis

Excursión á Casa do Mel

A Casa do Mel, atópase en Goente, As Pontes, na comarca do Eume. É un espazo educativo mantido por unha asociación de apicultores que entre os seus obxectivos ten a divulgación e a sensibilización co mundo das abellas. Con esta intención acudimos o alumnado de primeiro e segundo de primaria, cheos de gañas de coñecer a apicultura e todo o que ten que ver coas […]

Ler máis

Excursión a ECOescola As Campeiras

Este venres pasado o alumnado de primeiro e segundo de Primaria fixemos a primeira excursión deste curso. O lugar elixido foi a ECOescola As Campeiras, no Concello das Pontes. A ECOescola As Campeiras é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxee da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos. Alí aprendemos, participamos, vimos, xogamos e pensamos sobre a […]

Ler máis

La libreta de Charlie, unha novela de Clara Ventura

Clara Ventura, exalumna do centro da promoción do 2019, acaba de publicar o seu primeiro libro. Con só 19 años publica na editorial Autografía a novela de misterio e suspense: La libreta de Charlie. Deixamos a ligazón na que se pode ler máis información: La libreta de Charlie

Ler máis

Abalar e E-Dixgal 2022-2023

Abalar e E-Dixgal 2022-2023

Ola, familias: Compartimos con vós o folleto informativo sobre o Proxecto Abalar e a plataforma E-Dixgal deste curso. É convinte que lle botedes unha ollada porque o noso centro emprega estas ferramentas. Folleto Abalar e E-Dixgal 2022-2023

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad