Xa saíu unha nova edición da revista Tortu news. É o terceiro número da revista da biblioteca do noso colexio, e esta vez feita en pleno confinamento. Clicando na seguinte ligazón podedes ver cal foi o resultado: Tortu news, n.º 3
Xa saíu unha nova edición da revista Tortu news. É o terceiro número da revista da biblioteca do noso colexio, e esta vez feita en pleno confinamento. Clicando na seguinte ligazón podedes ver cal foi o resultado: Tortu news, n.º 3
Antes de nada queremos felicitar a todas e a todos os que participastess nos Xogos Florais. Todos os sonetes que nos chegaron son fantásticos e non podemos máis que darvos a noraboa polo voso traballo e esforzo xa que, como ben sabedes agora, a creación deste tipo de estrofa require unha grande creatividade, dominio das normas métricas e de composición poética. Por iso, felicitámosvos e […]
Ola, familias!!! Deixamos o enlace para a descarga dos anexos de matrícula para nenos e nenas de Educación Infantil, de 1-2 anos e 2- 3 anos, para o curso escolar 2020-2021. Podedes descargalos, cubrilos e envialos por correo electrónico a seguinte dirección de email: carmenreymz@gmail.com Anexo I. Procedemento Solicitude e documentación.
Ola familias, informamos que xa podedes realizar as vosas matrículas na Escola Infantil de 1-2 anos e 2-3 anos, para o curso escolar 2020-2021.
Bo día familias, comunicamos que con data do 12 de maio de 2020 publícanse as programacións adaptadas para o 3º Trimestre do curso 2019-2020, en cumprimento das instruccións dictadas pola Consellería de Educación. Ver programacións.
Ola rapaces e rapazas, informámosvos que coma todos os anos, temos que elaborar a portada para a axenda escolar do vindeiro curso. Animámosvos a todos vós para que participedes co voso debuxo. Teredes que facer nun folio A4 en horizontal o debuxo que vos gustaría para a axenda , tendo en conta que é para todo o alumnado de primaria e secundaria. Non fai falla […]
Ola familias!!! Agardamos que esteades todos/as ben. Informamos que a partir do 11 e ata o 18 de maio reabrimos o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2020-2021. A atención será en horario de 9:00 a 14:00 h. Contamos contigo!!!!!
23 de ABRIL, DIA DO LIBRO 2020 Pra celebrar este día tan especial, quixemos pedirlle a Sara Alonso Cebreiro que nos lese a todos e a todas o conto de Ricardo Carvahlo Calero “As pitas baixo a choiva” Grazas, Sara, polo teu esforzo, e tamén á túa familia por participar nesta actividade. Noraboa!! Agardamos que gocedes deste relato que está acompañado pola música de BellonMaceiras […]
Estimados pais e nais, Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e paciencia ante a situación extraordinaria que estamos a vivir. Aínda que o trimestre tería que comezar o martes 14, tanto o Ministerio coma a Consellería non facilitaron instruccións claras ata o venres 17. A partir do luns 20 de abril comezaremos oficialmente o terceiro trimestre coas directrices do Ministerio de Educación: repaso, reforzo e […]