A Xunta apraza o comezo do curso en ESO para os días 23, 24 e 25. Máis info en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889 Grazas pola vosa atención.
A Xunta apraza o comezo do curso en ESO para os días 23, 24 e 25. Máis info en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889 Grazas pola vosa atención.
📢 Dende mañá (venres), os horarios de entrada se verán modificados. 🔹 Ed. Secundaria poderá acceder ao centro entre as 8:30 e as 8:45h e subirán directamente para a súa aula onde estarán co profesor correspondente. 🔹 Ed. Primaria accederá de 8:30 a 9:00h e deberán subir a súa aula polo itinerario correspondente. Alí, o seu titor/a estará con eles ata o comezo das clases. […]
Hoxe comeza o curso para unha parte dos alumnos de Educación Infantil e Primaria, e axiña todos voltaremos ás aulas do colexio Jorge Juan. Un curso que como xa sabedes, será algo distinto a outros anos. Temos un reto importante que superaremos entre todos, alumnado, docentes e familias. ÁNIMO!
Os máis de 500 alumnos e alumnas matriculados no colexio Jorge Juan de Perlío iniciarán o curso de xeito progresivo desde este xoves. Así o explica o noso director Angel del Río, en Radio Fene. Podedes escoitar a entrevista completa aquí
Para que vos vaiades familiarizando cos sinais que ides atopar mañá no centro. Moitísimas grazas pola vosa colaboración. Lembrade que tamén podedes atopar información de interese no páxina de facebook do colexio ou seguindo a canle de Telegram.
Fíxose unha actualización do protocolo para a prevención do Covid-19. Ao novo documento pódese acceder nas mesmas ligazóns que xa había na web (están actualizadas) ou clicando aquí: Protocolo Covid-19
Está xa elaborado o protocolo para a prevención do Codiv-19 adaptado ao noso colexio. O documento completo pode lerse aquí: Protocolo Codiv-19 Colexio Jorge Juan de Perlío
Na situación especial na que nos atopamos é e será de gran importancia abrir e manter liñas de comunicación telemáticas áxiles entre a escola e as familias. Con esta intención creamos unha canle de Telegram “Cprjorgejuanperlio” a través da cal iremos informando do mesmo xeito que a través de abalar, da paxina web, e outros medios telemáticos. Podes descargar a aplicación (Android e IOS e […]
Este curso escolar 2020-21 comezará de xeito gradual. Coa intención de facilitar a adaptación ás novas normas para a prevención do Covid-19, non todos os cursos comezarán o mesmo día. O 10 de setembro comezarán os cursos de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, en tanto que o día 11 será a quenda de 6º de E. […]