Boas familia!Comezamos coa semana do ENTROIDO e con ela os mandatos do Meco.Hoxe xa podedes ler o primeiro mandato que nos propón a nosa amiga “Tortu” para saber o que toca traer o vindeiro luns.Lembrade, non son acumulativos.Gracias por participar.Boa fin de semana.
Achégase o Nadal e este ano queremos colaborar facendo unha recollida de xoguetes no centro que serán entregados a unha ONG que se encargará de repartilos. A recollida será o vindeiro venres 18 e aqueles que queiran colaborar poderán traer un único xoguete en bo estado. Lembrade traelo o mesmo venres. Grazas de antemán pola colaboración.
Lembrade que facemos un descanso de 4 días e que voltaremos o mércores con moitas ganas.Unha aperta!
Grazas a colaboración co Concello o noso centro contará cun espazo de “bica e arrinca”. Esta mellora que facilita a chegada do alumnado ao centro comezará a poder empregarse a partir de maña, mércores 11 de novembro. A partir desta data poderase parar nos dous sentidos da vía, na zona do paso de peóns, para deixar as/os alumn@s sen ter que estacionar os coches.
O vindeiro luns 26 de outubro, estarà cortado o tráfico na Avenida Tarrío, diante do centro, entre as 9 e as 14h. O motivo é que se van levar a cabo as obras necesarias para adecuar a vía ao Programa BICA E ARRINCA, así como para a construcción dun paso de cebra elevado.
A Xunta Local de Ferrol da Asociación Contra el Cáncer comeza o vindeiro 23 de septiembre a súa cuestación anual.Todos os anos, xs voluntarixs da AECC saen á rúa para recadar fondos que se destinan á investigación oncolóxica. Como podedes imaxinar este ano vai ser diferente, por iso crearon un peto dixital e deste xeito todxs poderedes facer unha aportación cun só clic neste enlace.Dende […]
A ANPA comunica que para transmitir todas as noticias habilitaron unha canle de telegram ANPA CPR JORGE JUAN PERLIO e tamen unha páxina en FACEBOOK: Anpa Cpr Jorge Juan Perlio.
A Xunta apraza o comezo do curso en ESO para os días 23, 24 e 25. Máis info en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889 Grazas pola vosa atención.