GAÑADORES DOS XOGOS FLORAIS 2020

GAÑADORES DOS XOGOS FLORAIS 2020

Antes de nada queremos felicitar a todas e a todos os que participastess nos Xogos Florais. Todos os sonetes que nos chegaron son fantásticos e non podemos máis que darvos a noraboa polo voso traballo e esforzo xa que, como ben sabedes agora, a creación deste tipo de estrofa require unha grande creatividade, dominio das normas métricas e de composición poética. Por iso,  felicitámosvos e  animámosvos a seguir escribindo os vosos poemas e a que nos fagades a todos partícipes do voso grande talento.

E sen máis comunicamos os/as gañadores/as desde concurso de poesía Xogos Florais 2020: (Nos enlaces podedes escoitar aos autores recitando a súa composición)

Alicia Deibe Rey de 6º B é autora do sonete “Morriña: https://drive.google.com/drive/folders/1e2Pde1OX2HFx5hsxD7rGfnM9SW5Rn38t?usp=sharing

‘‘Morriña’’

Miña casa é un rexo castelo,

miña casa é unha fortaleza,

e eu son a princesa da nobreza.

Quero xa sair, todo fora é belo.

Da raíña nai aprendín a mimar,

do rei xigante, con amor a sorrir,

co principe infante a convivir,

todos xuntos aprendimos a amar.

Quero ver os meus mellores amigos,

sen murallas, distancias nin pantallas,

quero un mundo sen tantos perigos.

Eles son para mín os máis queridos,

estraño a esta tola familia,

sempre seguimos estando unidos.

Manuel Roberto Painceiras Rodríguez de 5º A é o autor do sonete “Sen título”:https://drive.google.com/drive/folders/1MtmVMch1Dsx4nOpKesPcSdUj_5_CDltA?usp=sharing

Sonete

Lévome ao noso pai ao hospital.

Estalle costando moito respirar.

Loita, loita, pero sofre ao andar.

Este medo toma forma moi real.

Corredores lúgubres e estreitos.

Meten ao home nunha habitación,

Chea de cables, loito e oración.

Está a loitar contra o aire. Tos!

Anguria, medo, tubos de ensaio.

O pai aférrase forte á vida.

Choro pola dor do home. Desmaio!

O nó que nos une é forte. Vivir!

Recupérate. Temos esperanza.

A esperanza tramposa. Vai saír!