Información sobre o terceiro trimestre

Información sobre o terceiro trimestre

Estimados pais e nais,

Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e paciencia ante a situación extraordinaria que estamos a vivir. Aínda que o trimestre tería que comezar o martes 14, tanto o Ministerio coma a Consellería non facilitaron instruccións claras ata o venres 17.

A partir do luns 20 de abril comezaremos oficialmente o terceiro trimestre coas directrices do Ministerio de Educación: repaso, reforzo e recuperación. Cada nivel e clase recibirá indicacións máis específicas de parte do seu titor.
Seguiremos pendentes de calquera novidade e informaremos puntualmente.

Agradecemos enormemente o esforzo que cada unha das familias estades a realizar dentro das diferentes circunstancias persoais, que non sempre son as máis favorabeis. Queremos mandar de parte do claustro e persoal do centro unha forte aperta.

Moitísimo ánimo!!!