Bo día familias, comunicamos que con data do 12 de maio de 2020 publícanse as programacións adaptadas para o 3º Trimestre do curso 2019-2020, en cumprimento das instruccións dictadas pola Consellería de Educación. Ver programacións.
Bo día familias, comunicamos que con data do 12 de maio de 2020 publícanse as programacións adaptadas para o 3º Trimestre do curso 2019-2020, en cumprimento das instruccións dictadas pola Consellería de Educación. Ver programacións.
Ola rapaces e rapazas, informámosvos que coma todos os anos, temos que elaborar a portada para a axenda escolar do vindeiro curso. Animámosvos a todos vós para que participedes co voso debuxo. Teredes que facer nun folio A4 en horizontal o debuxo que vos gustaría para a axenda , tendo en conta que é para todo o alumnado de primaria e secundaria. Non fai falla […]
Ola familias!!! Agardamos que esteades todos/as ben. Informamos que a partir do 11 e ata o 18 de maio reabrimos o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2020-2021. A atención será en horario de 9:00 a 14:00 h. Contamos contigo!!!!!
23 de ABRIL, DIA DO LIBRO 2020 Pra celebrar este día tan especial, quixemos pedirlle a Sara Alonso Cebreiro que nos lese a todos e a todas o conto de Ricardo Carvahlo Calero “As pitas baixo a choiva” Grazas, Sara, polo teu esforzo, e tamén á túa familia por participar nesta actividade. Noraboa!! Agardamos que gocedes deste relato que está acompañado pola música de BellonMaceiras […]
Estimados pais e nais, Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e paciencia ante a situación extraordinaria que estamos a vivir. Aínda que o trimestre tería que comezar o martes 14, tanto o Ministerio coma a Consellería non facilitaron instruccións claras ata o venres 17. A partir do luns 20 de abril comezaremos oficialmente o terceiro trimestre coas directrices do Ministerio de Educación: repaso, reforzo e […]
A Xunta de Galicia transmite este comunicado aos equipos directivos sobre as medidas para o comezo do terceiro trimestre. Este mércores 15 de abril, despois da xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, darán as instruccións para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final de curso. Ler o comunicado.
Estamos a pasar unha tempada un pouco difícil, pero só queda o último empuxón para poder estar xuntos. As nenas e nenos da clase de 4 anos preparamos un vídeo para animarvos a chegar á meta cun sorriso. Se nós podemos, ti podes! Ánimo! Vémonos á vólta!
A plataforma Galicia Le abre os seus fondos de maneira libre para o acceso de todos e todas. Aquí tedes o enlace: Galicia Le
Deixamos aquí a seguinte páxina de materiais e recursos online, para todos os niveis educativos, facilitada polo Ministerio de Educación. Recursos