FP dual FP en réxime ordinario e para persoas adultas
Galería de imaxes do roteiro pola Ría de Ferrol (14 e 13 de xuño de 2022) Co roteiro pola Ría de Ferrol remataron as actividades enmarcadas no proxecto de centro deste ano: A nosa ría. Ao longo destes meses coñecemos a ría de moitos xeitos, o luns e o martes desta semana puidemos coñecela do mellor xeito, navegando por ela. O punto de partida foi […]
O alumnado de ESO que precise realizar algún exame final pode consultar as datas nesta ligazón.
Poñemos fin ao noso Proxecto de Centro A Nosa Ría cun Roteiro Marítimo pola Ría de Ferrol. Invitámosvos familias a participar cos vosos fillos e fillas, un acompañante por alumno ou alumna. O roteiro marítimo será os días 13 e 14 de xuño pola tarde, con saída dende o Porto de Ferrol e unha duración aproximada dunha hora. O horario está pendente de confirmar pero […]
Podedes ver as datas dos exames do 3º trimestre premento nesta ligazón.
As nenas e nenos de Quinto e Sexto de Educación Primaria achegámonos o pasado venres, 4 de marzo, a Exponav e fixemos o Roteiro do Modernismo de Rodolfo Ucha pola cidade de Ferrol. Disfrutamos un montón. Podedes ver as fotos no seguinte enlace. Galeria.
Alumnado e familias, Aquí podedes atopar información sobre as modalidades preferentes e a oferta dalgúns centros da zona para continuar a formación despois de ESO: Modalidades de bacherelato preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos do grao superior CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro IES Ricardo Carvalho Calero CIFP Ferrolterra IES Fene
A ANPA do colexio en colaboración coa Asociación Arraigo recollerán alimentos e artigos de hixiene persoal entre o 16 de novembro e o 21 de decembro. As doazóns deixaranse en secretaría, na caixa que está a carón dos sofás. Ver nota da ANPA.