Roteiro pola Ría de Ferrol

Roteiro pola Ría de Ferrol

Galería de imaxes do roteiro pola Ría de Ferrol (14 e 13 de xuño de 2022)

Co roteiro pola Ría de Ferrol remataron as actividades enmarcadas no proxecto de centro deste ano: A nosa ría.

Ao longo destes meses coñecemos a ría de moitos xeitos, o luns e o martes desta semana puidemos coñecela do mellor xeito, navegando por ela.

O punto de partida foi o porto de Ferrol. A ría sempre ofreceu unhas condicións naturais perfectas para a vida marítima. Sábese que dende a época dos romanos ata a Idade Media existiu unha importante actividade naval. Pero foi no século XVIII cando chega a ter unha importancia universal como base naval permanente.

Saímos da dársena de Curuxeiras cara o peirao de carbón e A Graña. Mediados dos anos oitenta o porto inicia unha ampliación para que poideran atracar barcos máis grandes. É cando se constrúe este novo peirao, adicado principalmente ao transporte de carbón.

A Real Vila da Graña, que é nomeada como “Real” por ter sido incorporada á Coroa no século XVI, foi onde se construíu o primeiro asteleiro da ría. Hoxe en día conserva a estrutura típicas dunha vila mariñeira.

Poidemos ver a continuación a Escola de Especialidades da Armada Ensengra. Construída no século XVII. Hoxe en día segue a formar alumnado da armada en diferentes especialidades. A Esengra, como agora se chama, foi creada no ano 1997.

A seguinte recalada foi a Punta do Vispón, esta punta separaba A Graña da Vila de San Felipe, poidemos ver a ruinas da antiga fortificación que cubría a liña defensiva ata o Castelo da Palma. A estribor deixamos as cetáreas que forman parte da paisaxe económica da ría e continúan a longa tradición que ten no cultivo de marisco.

Outro punto importante na nosa navegación foi o castelo de San Felipe. Un dos lugares máis importantes e coñecidos da ría. Foi construído no reinado de Felipe II para defender Ferrol, xa que naquel tempo era un dos lugares máis importantes do Imperio. Tivo un papel moi destacado na derrota dos ingleses na famosa batalla de Brión.

As baterías de San Carlos e San Cristovo foron o seguinte lugar que vimos no nosos percorrido. Para pouco despois ver a o moderno Porto Exterior de Caneliñas.

Viramos a babor na Punta do Segaño encarando a embarcación ao interior da ría e chegar ata o castelo da Palma. Xunto con San Felipe formaba a principal barreira defensiva da ría. Era parte do chamado triángulo de fogo (formado por San Felipe, San Martín e a Palma).

Pasamos por Punta Redonda e o esteiro do Baño para chegar a vila de Mugardos. Un dos lugares máis populares da nosa ría, cunha longa e fascinante historia, chegou ao día de hoxe conservando a estrutura típica dunha vila mariñeira.

Chegando xa ao final desta pequena aventura pasamos por lugares que forman parte do tecido industrial da ría: Reganosa, Forestal do Atlántico e Navantia Ferrol (antiga Bazán).

E o último avistamento antes de atracar novamente no porto de Curuxeiras foi o do Arsenal Militar de Ferrol e a Cortina. O arsenal foi contruido cando Ferrol foi nomeada capital do Departamento Marítimo do Noroeste de España. Na edificación neoclásica destaca a batería da Cortina, unha impoñete batería destinada a defender o arsenal.

Desexamos que todos os que participáchedes o pasarades ben e que este percorrido marítimo servise para coñecer mellor o noso patrimonio. Vivimos nun lugar fermoso e temos a obriga de coidalo para que no futuro poidamos seguir gozado del.