Roteiro pola ría

Roteiro pola ría

Poñemos fin ao noso Proxecto de Centro A Nosa Ría cun Roteiro Marítimo pola Ría de Ferrol. Invitámosvos familias a participar cos vosos fillos e fillas, un acompañante por alumno ou alumna.

O roteiro marítimo será os días 13 e 14 de xuño pola tarde, con saída dende o Porto de Ferrol e unha duración aproximada dunha hora. O horario está pendente de confirmar pero estará organizado e en diferentes grupos:

Luns 13 de xuño:

  • 1º ciclo de Educación Primaria
  • 2º ciclo de Educación Primaria

Martes 14 de xuño:

  • ESO
  • Escola Infantil
  • Educación Infantil
  • 3º ciclo de Educación Primaria

Poñédevos en contacto co voso titor ou titora para anotarvos na actividade.

Data límite para inscribirse o 3 de xuño.

O prezo axustarase segundo o número de participantes. Agardamos a vosa participación!