Celebrando o Magosto.

O pasado mércores, 30 de Outubro, festexamos o Magosto e Samain  no noso colexio, coa desgustación das típicas castañas. Ao longo desta semana realizamos diversas actividades como: elaboración dun mural sobre o outono, exposición de cabazas e exposición de cogumelos e outros froitos do outono; que os rapaces e rapazas de 2º ciclo de E. Primaria recolleron nunha saída  que fixeron polo contorno do Centro. […]

Ler máis

Exposición en Educación Infantil sobre “O Bosque”.

Dende o día 6 de Novembro nos pasillos de Educación Infantil houbo unha exposición dos traballos realizados polos nenos/as para o Proxeto de Ciencias “O Bosque”. Aquí deixamos algunhas fotos.

Ler máis

O Magosto en Educación Infantil.

O Mércores, 30 de Outubro, celebramos a Festa do Magosto e do Samaín no colexio. Os nenos e nenas de Educación Infantil degustamos castañas, maquillámonos, bailamos e fixemos una exposición de cabazas. Aquí vos deixamos algunas fotos deste día.

Ler máis

Exposición Fotográfica do Outono.

Estamos a organizar unha Exposición Fotográfica dentro das actividades de divulgación científica que promoverá o Colexio durante este curso 2013-14. As bases para participar no concurso xa se entregaron aos rapaces e rapazas do centro. Recordade que cada ciclo terá unha temática propia. O prazo final de presentación das fotografías será o 15 de novembro. Para máis información, non dudedes en poñervos en contacto cos […]

Ler máis

Saída polo entorno do 2º Ciclo de Educación Primaria.

O outono trae moitos cambios á nosa paisaxe. O luns, 28 de outubro, os nenos e nenas de 2º Ciclo de Educación Primaria,  faremos unha saída polo entorno, para poder observar estes cambios e recoller mostras da experiencia. ¡Lembrade traer roupa e calzado axeitado!

Ler máis

Festa de Outono en Educación Infantil.

O Venres 18 de Outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a Festa do Outono. Este día, o profesor Juanjo deunos una charla sobre as setas, e despois, observamos, manipulamos e experimentamos con tódolos froitos do outono que recollimos e trouxemos ao cole ao longo de toda a semán. Galería de Imaxes.

Ler máis

Charlas do Plan Director.

Outro ano máis, dende o Departamento de Orientación e en colaboración coa Garda Civil, realizaremos unhas charlas enmarcadas dentro do Plan Director, destinadas a rapaces e rapazas do 3º ciclo de Educación Primaria e os alumnos e alumnas de ESO. Así como tamén destinadas aos país e nais. A primeria das charlas sobre “Os riscos de Internet”,  realizarase o 23 de Outubro, sendo as charlas para […]

Ler máis

Excursión do 3º Ciclo de E.P. a Salou e Barcelona.

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria realizamos a pasada semana a nosa viaxe de Fin de Curso a Salou e Barcelona. O luns, día 17 de xuño salimos moi cedo dirección Salou, realizamos moitas paradas durante o camiño; unha delas foi en Burgos onde poidemos realizar unha rápida visita á cidade e coñecer algúns dos lugares moi interesantes desta cidade; como […]

Ler máis

Celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

O Mércores, 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio. Outro ano máis o noso Colexio terá en conta esta celebración, concienciando aos rapaces e rapazas da necesidade de coidado do noso planeta. O Día Mundial do Medio ten como lema este ano Piensa.Aliméntate.Ahorra, unha campaña para reducir os refugallos e as perdas de alimentos.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad