Entrega de Premios “Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría”.

O pasado venres, día 22 de novembro, o alcalde do Concello de Fene, Gumersindo Galego,  xunto cos concelleiros Rocío Beroa e  Alejandro Dopico, achegáronse ao noso colexio para entregar os premios que gañaron os nosos alumnos e alumnas.

O primeiro premio que entregaron foi o do gañador do slogan, que correspondeu ao alumno Miguel Pazos Vidal de 5º B de Educación Primaria, co slogan: “O teu valor é a miña meta”. 

O outro premio que recibiron, foi o do logo da proba para Ismael Ríos Valencia. Tódolos traballos realizados serán expostos a partires do 27 de novembro no Pavillon da Xunqueira en San Valentín. Máis información aquí.