Exposición “De lo más pequeño a lo más grande”.

Os alumnos e alumnas da ESO dan mostra da súa cretatividade ao mesmo tempo que aprenden ciencia. Trátase dunha exposición baseada na parte máis pequena, as células; que existe nun lugar un pouco máis  grande;o noso sistema solar. Felicitar a todos e todas polo seu traballo tan ben feito. As maquetas do Sistema Solar foron elaboradas polos rapaces e rapazas de 1º da ESO, e as células polos de 4º de ESO. Esta exposición está enmarcada dentro do “Proxecto de Ciencias” que está a desenvolver o Colexio ao longo deste curso escolar. Aquí podedes observar unha pequena mostra desta impresionante e interesante exposición. Animádevos a visitar a exposición situada no patio do Colexio.

Galería de Imaxes