Visita de 1º ESO a Exposicións e os Museos de A Coruña.

O vindeiro Mércores 13 de novembro faremos unha saída cos alumnos de 1º de E.S.O. á cidade da Coruña co galllo de realizar as seguintes actividades:

Visita á Fundación ONCE: Por xentileza da Fundación aos centros educativos que teñen  alumnos afiliados integrados; Os nenos  realizarán un obradoiro de coñecemento do sistema Braille, de acceso á comunicación, ao deporte adaptado e a movilidade das persoas con deficiencias visuais.

Visita á Fundación Novacaixagalicia para ver a exposición “Ron Galella. Paparazzo extraordinaire!” e logo realizar o obradoiro “Y si las fotografías hablasen…?” dirixido a descubrir o cine, a arte, a música e a sociedade a través do obxectivo dun fotógrafo.

Almorzaremos nos Xardíns de Méndez Núñez baixo a carpa da exposición: “Ilusionismo, Magia o Ciencia?” que organizan os museos científicos coruñeses co apoio da Caixa.

Visitaremos o edificio da Domus, A Casa do Home, onde realizarmos actividades interactivas para o coñecemento tanto da xenética, como da intelixencia e da evolución humana.