Celebrando o Magosto.

O pasado mércores, 30 de Outubro, festexamos o Magosto e Samain  no noso colexio, coa desgustación das típicas castañas. Ao longo desta semana realizamos diversas actividades como: elaboración dun mural sobre o outono, exposición de cabazas e exposición de cogumelos e outros froitos do outono; que os rapaces e rapazas de 2º ciclo de E. Primaria recolleron nunha saída  que fixeron polo contorno do Centro. Así como os rapaces e rapazas máis maiores, ESO, participaron nun torneo no pabillón do colexio.

Galería de Imaxes.