Exposición “Biodiversidade”.

O Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo Perlío acollerá a exposición fotográfica “Biodiversidade”. Os autores das fotografías son alumnos de 3 a 16 anos do Colexio Jorge Juan – Perlío e ten por obxecto achegar aos cativos á natureza, amosar a gran riqueza de especies dos bosques galegos e espertar curiosidade por coñecer os nomes vernáculos e científicos das distintas especies que podemos atopar.

Ademáis haberá unha mostra de réplicas de fungos moldeados e pintados polos rapaces de 1º ESO, e mamíferos feitos polos máis cativos.

A exposición “Biodiversidade” é unha das actividades enmarcadas no Proxecto de Divulgación Científica que o Colexio Jorge Juan – Perlío está a desenvolver neste curso 2013-14.

A exposición “Biodiversidade” será inaugurada o xoves, 28 de novembro, as seis da tarde no CCRD de Perlío. A asistencia é libre. Quedades todos convidados.

Cartel da Exposición.