Saída á Casa das Ciencias e Domus.

O pasado mércores, 7 de xunio, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, achegáronse ata a cidade da Coruña, para realizar a excursión de fin de curso. Visitaron a Casa das Ciencias e o planetario pola mañá, para disfrutar da comida no Parque de Santa Margarita. Pola tarde, os nenos e nenas dirixíronse ata a Domus para poder continuar coas experiencias […]

Ler máis

Bautismo de Mar e Museo Naval.

Hoxe, luns 22 de maio, os rapaces e rapazas de 3º da ESO, achegáronse ata Ferrol para visitar as instalacións da Armada, e máis concretamente o Mueso Naval e realizar un Bautismo de Mar.

Ler máis

Carreira e Mercadillo Solidario 2017.

As dez da mañá abrimos as portas ao V Mercadillo Solidario organizado polo noso colexio e  pouco despois, ás dez e media,  dábamos o pistoletazo á carreira cun total de 305 participantes . Como todos os anos no noso pavillón ofertamos postos de: xoguetes, plantas , bisutería, complementos, libros  e bazar. Todo, agás as plantas,  doación das familias dos alumnos que xentilmente colaboraron con nos. […]

Ler máis

Semana das Letras Galegas 2017.

A pasada semana, do 15 ao 19 de maio, no noso colexio celebrouse a Semana das Letras Galegas 2017, este ano adicado a Carlos Casares, ademais das numerosas actividades que cada grupo realizou na aula, sobre a vida e obra do autor; o Equipo de Normalización do colexio organizou unha serie de actividades. No salón de actos os nenos e nenas do noso colexio poideron […]

Ler máis

Subasta de Obras de Arte.

As obras de arte dos nosos nenos e nenas que prepararon con entusiasmo e esforzo, xa están rematadas e listas para que puxedes por elas. O prezo de saída será 5€, pero… ¡¡¡ESTE ANO!!! podedes comezar a facer as vosas puxas dende a apertura do Mercadillo, para posteriormente na subasta pública partir do prezo máximo establecido polos compradores, que terán tamén a ocasión de rebatir […]

Ler máis

Excursión 4º da ESO a Madrid parte II.

Hoxe tocou visitar o Parque Warner onde o grupo desfrutou da adrenalina das atraccións e da espectacularidade dos shows que ofrece. Mañá é o día de volta, máis aínda terán tempo a parar en Ávila para facer unha visita monumental e xantar. Galería de Imaxes.

Ler máis

Excursión 4º ESO a Madrid parte I.

Aínda que onte non tivemos noticias dos rapaces e rapazas de 4º da ESO, isto non quixo dicir que non fixeron nada, todo o contrario. A pesar do calor, foron capaces de visitar o zoo e dar un paseo polo centro da capital. Hoxe, achegáronse ata Toledo, a ben chamada cidade  das tres culturas, realizando unha visita cultural polas súas rúas. Despois remataron  de novo […]

Ler máis

O Mundo dos Drones.

Os alumnos de 4º da ESO recibiron a visita de Alain Sánchez para presentarlles as distintas utilidades que teñen os drones. Un aparato que inicialemente foi creado para cuestións militares  evolucionou para chegar a ter múltiples utilidades, entre as que destacan convertirse nun medio de entretemento , transporte, seguridade,  aplicacións científicas ou tamén unha vertente didáctica, colaborando coa Fundación Ingada, centrada en abordar o TDAH. Sen dúbida un […]

Ler máis

Excursión Fin de Curso 4º ESO a Madrid.

Os rapaces e rapazas de 4º da ESO saíron esta mañá con destino a Madrid, onde ao longo da semana disfrutarán da súa viaxe de fin de curso. Hoxe, de camiño ao seu destino, aproveitaron para visitar a cidade de Segovia, aínda que a temperatura elevada fixo que o camiño se fixera un pouco máis pesado o obxectivo final está cumprido, chegar a Madrid. Galería […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad