O Mundo dos Drones.
Os alumnos de 4º da ESO recibiron a visita de Alain Sánchez para presentarlles as distintas utilidades que teñen os drones.
Un aparato que inicialemente foi creado para cuestións militares evolucionou para chegar a ter múltiples utilidades, entre as que destacan convertirse nun medio de entretemento , transporte, seguridade, aplicacións científicas ou tamén unha vertente didáctica, colaborando coa Fundación Ingada, centrada en abordar o TDAH.
Sen dúbida un posible campo de traballo do futuro do noso alumnado.