Excursión 4º ESO a Madrid parte I.
Aínda que onte non tivemos noticias dos rapaces e rapazas de 4º da ESO, isto non quixo dicir que non fixeron nada, todo o contrario. A pesar do calor, foron capaces de visitar o zoo e dar un paseo polo centro da capital.
Hoxe, achegáronse ata Toledo, a ben chamada cidade das tres culturas, realizando unha visita cultural polas súas rúas. Despois remataron de novo en Madrid, que se atopaba paralizada polo partido de fútbol da champions.