Semana das Letras Galegas 2017.

A pasada semana, do 15 ao 19 de maio, no noso colexio celebrouse a Semana das Letras Galegas 2017, este ano adicado a Carlos Casares, ademais das numerosas actividades que cada grupo realizou na aula, sobre a vida e obra do autor; o Equipo de Normalización do colexio organizou unha serie de actividades.

No salón de actos os nenos e nenas do noso colexio poideron desfrutar dunha exposición de instrumentos tradicionais galegos (gaitas, bombos, pandeiro, pandeira, pandeiretas, tambor, tamboril, tarrañolas,….) e ademais de traxes tradicionais ( un de muller de gala da zona da mariña, outro de muller de cotío ou faena; e un de home da gala).

Ademais, os nosos alumnos e alumnas desfrutaron de unhas pequenas mostras do noso folklore grazas a actuación de algunos/as dos nosos alumnos. Un grupo de cantareiras de Educación Primaria nos fxeron desfrutar de varias pezas musicais.

Un pequeno grupo de gaiteiros/as nos interpretaron varias pezas tradicionais da nosa música.

Logo os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron un bonito mural nas paredes do patio adicado a Carlos Casares.

Todo o alumnado de Educación Primaria realizou dous maios e decoraron as rexas do noso patio, dando colorido primaveral ao noso lugar de lecer.

E como non, os máis pequenos e pequenas, os de Educación Infantil realizaron unha fermosa e divertida alfombra floral.

E os rapaces e rapazas de Educación Secundaria que participan na radio escolar, realizaron un especial das Letras Galegas 2017. Ademais de organizar os postos de venta de comida, plantas,… para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Foi unha semana moi entretida de da gran actividade no noso centro.

Galería de Imaxes.

Blog de Educación Infantil.