Subasta de Obras de Arte.

As obras de arte dos nosos nenos e nenas que prepararon con entusiasmo e esforzo, xa están rematadas e listas para que puxedes por elas.

O prezo de saída será 5€, pero… ¡¡¡ESTE ANO!!! podedes comezar a facer as vosas puxas dende a apertura do Mercadillo, para posteriormente na subasta pública partir do prezo máximo establecido polos compradores, que terán tamén a ocasión de rebatir nese momento a súa puxa.

RECORDADE a subasta pública será as 12:30 h., estade atentos para poder gozar destas obras de arte nas vosas casas.

E achegádevos a pasar unha boa mañá connosco.