Carreira e Mercadillo Solidario 2017.
As dez da mañá abrimos as portas ao V Mercadillo Solidario organizado polo noso colexio e pouco despois, ás dez e media, dábamos o pistoletazo á carreira cun total de 305 participantes .
Como todos os anos no noso pavillón ofertamos postos de: xoguetes, plantas , bisutería, complementos, libros e bazar. Todo, agás as plantas, doación das familias dos alumnos que xentilmente colaboraron con nos.
Ao mesmo tempo, outros postos entretiveron aos asistentes: tiro ao branco, globoflexia, tatuaxes, pintura de uñas, hinchable e manualidades.
Contamos tamén con postos de comida e alimentación saudable nos que todos os asistentes puideron picotear ao longo da mañá.
E como non, non podemos esquencer a asistencia das asociacións beneficiarias: ASANOG, ASOTRAME e FEDER. Tamén quixeron acompañarnos na nosa iniciativa asociacións de anos anteriores : ABAC, ARRAIGO e ACCU.
Ás doce da mañá comezamos coas demostracións de Robótica a cargo da empresa Tech-Academy que imparte as clases no noso colexio e seguidamente a Academia de Baile de Fene Fusión Dance.
Ás doce y media subastamos os cadros pintados polos nenos de cada curso e fixemos o sorteo cos dorsais da participación na carreira: a “Escapada Relax” e o agasallo do taller “SYP”.
Sen lugar a dúbidas unha mañá do máis entretida e beneficiosa na que todos estivemos unidos por un ben común.
Non podemos deixar pasar a ocasión sen agradecervos a todos, nos solo a vosa asistencia senón tamén a vosa participación neste proxecto de axuda ás organizacións beneficiarias, que non é unicamente de carácter económico senón tamén de coñecemento e concienciación.
E por suposto: CONTAMOS CON VOS PARA O VINDEIRO ANO.
MOITAS GRACIAS