Onte, mércores 30 de outubro, puidemos celebrar no colexio o Samaín. Entre as moitas actividades que se desenvolveron, fixemos un magosto no que participou todo o colexio dende infantil ata a ESO. Galería de imaxes
Onte, mércores 30 de outubro, puidemos celebrar no colexio o Samaín. Entre as moitas actividades que se desenvolveron, fixemos un magosto no que participou todo o colexio dende infantil ata a ESO. Galería de imaxes
Coa chegada do outono, o tempo das castañas e os magostos, o alumnado de primeiro e segundo de primaria achegouse ao horto do noso colexio para poder ver de cerca os castiñeiros. Alí fixemos a merenda, puidemos coñecer ben como son os castiñeiros e tamén apañar algunhas castañas. Foi unha visita curta pero moi interesante. Galería de imaxes.
No día de comezo do novo curso escolar, o alumnado de primeiro ciclo de primaria tivo un acto de benvida e presentación no salón de actos. O profesorado, alumnas e alumnos de primeiro e segundo presentáronse e dixeron aos demais como querían que os chamaran e un xeito especial de saudalos.
Este venres, e grazas a ANPA, o alumnado do noso colexio puido gozar coa actuación do mago Benxamín. Un espectáculo envolvente e interdisciplinario, onde a maxia estivo en sintonía coa comedia e a música. Galería de imaxes
O pasado xoves, 11 de marzo, o alumnado de Educación Primaria do noso colexio, acudiron ao Pavillón da Xunqueira para participar nunha xornada de Atletismo Divertido organizada polo Concello de Fene. As distintas modalidades organizadas permitiron que os participantes gozaran da práctica do atletismo dun xeito lúdico. Galería de Imaxes.
Este mércores, 27 de marzo, o alumnado de primeiro de Primaria e do último curso de Educación Infantil participou nunha actividade organizada polo Concello de Fene para celebrar o Día do Bosque. Puideron contribuír a mellora do nos entorno natural e sensibilizarse sobre a importancia dos bosques, plantando ameneiros xunto con outras árbores autóctonas. Galería de imaxes
As nosas alumnas e alumnos de 3º da ESO, neste trimestre levaron a cabo as prácticas de Bioloxia, as cales consistían na disección dun corazón para coñecer as súas partes. Foi unha práctica na que aprenderon e disfrutaron ao mesmo tempo. Galería de Imaxes.
O día 22 de marzo, o noso centro, participará no visionado coordinado do filme “Before the Flood” “Antes que sea tarde”, coa intención de celebrar o Dia mundial da Agua e o Día Internacional dos Bosques.Unha estupenda ocasión para reflexionar sobre o cambio climático e as accións concretas que podemos tomar para solucionalo.Máis info sobre a actividade.
A nosa BiblioTortu xa ten o seu espazo na rede, podedes atoparnos en https://bibliotortu.blogspot.com/ Neste espazo poderedes estar informados das actividades e propostas que facemos dende BiblioTortu, deixar os vosos comentarios e aportar ideas para a nosa biblioteca. A última actividade publicada foi sobre o Maratón de Lectura realizado pola celebración do 8M. Pero non deixedes de visitalo e ver as novas e as noticias […]