Exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación.

Na semana do 25-29 de novembro, a biblioteca do centro “BIBLIOTORTU” acolle unha exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación. Actividade recollida dentro do plan de igualdade de xénero do centro. Os traballos foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO. Neles móstranse carteis onde se abordan dende anuncios de publicidade sexista, o sexismo en determinados programas na radio e a TV, […]

Ler máis

Día Internacional da Infancia

O 20 de novembro de 1959 a ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno. Na mesma data pero trinta anos máis tarde, o 20 de novembro de 1989, escríbese a Convención sobre os Dereitos do Neno. Por este motivo tomouse esta data para celebrar o Día Internacional da Infancia. O alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo de Primaria do noso colexio […]

Ler máis

Samaín 2019

Onte, mércores 30 de outubro, puidemos celebrar no colexio o Samaín. Entre as moitas actividades que se desenvolveron, fixemos un magosto no que participou todo o colexio dende infantil ata a ESO. Galería de imaxes

Ler máis

Coñecendo os castiñeiros

Coa chegada do outono, o tempo das castañas e os magostos, o alumnado de primeiro e segundo de primaria achegouse ao horto do noso colexio para poder ver de cerca os castiñeiros. Alí fixemos a merenda, puidemos coñecer ben como son os castiñeiros e tamén apañar algunhas castañas. Foi unha visita curta pero moi interesante. Galería de imaxes.

Ler máis

Benvida ao primeiro ciclo

No día de comezo do novo curso escolar, o alumnado de primeiro ciclo de primaria tivo un acto de benvida e presentación no salón de actos. O profesorado, alumnas e alumnos de primeiro e segundo presentáronse e dixeron aos demais como querían que os chamaran e un xeito especial de saudalos.

Ler máis

Actuación do Mago Benxamín

Este venres, e grazas a ANPA, o alumnado do noso colexio puido gozar coa actuación do mago Benxamín. Un espectáculo envolvente e interdisciplinario, onde a maxia estivo en sintonía coa comedia e a música. Galería de imaxes

Ler máis

Atletismo Divertido

O pasado xoves, 11 de marzo, o alumnado de Educación Primaria do noso colexio, acudiron ao Pavillón da Xunqueira para participar nunha xornada de Atletismo Divertido organizada polo Concello de Fene. As distintas modalidades organizadas permitiron que os participantes gozaran da práctica do atletismo dun xeito lúdico. Galería de Imaxes.

Ler máis

Día do Bosque

Este mércores, 27 de marzo, o alumnado de primeiro de Primaria e do último curso de Educación Infantil participou nunha actividade organizada polo Concello de Fene para celebrar o Día do Bosque. Puideron contribuír a mellora do nos entorno natural e sensibilizarse sobre a importancia dos bosques, plantando ameneiros xunto con outras árbores autóctonas. Galería de imaxes

Ler máis

“Abrindo” corazóns.

As nosas alumnas e alumnos de 3º da ESO, neste trimestre levaron a cabo as prácticas de Bioloxia, as cales consistían na disección dun corazón para coñecer as súas partes. Foi unha práctica na que aprenderon e disfrutaron ao mesmo tempo. Galería de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad